A verdade que ó final case o estábamos desexando, atras quedan 15 anos de historia, que posiblemente non deixe unha pegada no tempo como a de Frai Martín Sarmiento, pero o noso grao de area, como o da Marcha de Brión, aí está.
Sabemos que a moita xente non lle parece ben, pero hai que entender que é un traballo ingrato que debería facer a administración e non nos..¿como se lle pode dicir dende os concellos polos que pasa o camiño, ós que preguntan, que chamen o club que son os que mais saben?¿que recebimos nos a cambeo?
A os 3500 que viñechedes camiñando con nos, moitas grazas por facelo, pero a partires de de agora, ainda que seguirmos indo a Teixido de cando en vez......veñen proxectos novos!
15 ANOS DE CAMIÑO A TEIXIDO
miércoles, 7 de agosto de 2013
jueves, 6 de junio de 2013
AMONESTACION
No 2006, conseguimos 1000€ da Diputación, para poñer 100 sinais no camiño (e o sendeiro mais barato dos que se fixeron ( ..e sin cartos europeos)
Cando rematamos de poñer todas as sinais, pasou un Policia Local polo club, preguntando (con vergonza...e non me extraña) si unhas sinais, de madeira eran nosas.
Ponían Club Montaña Ferrol..para que negalo (pensamo que nos iban a dar un premio)...pois non: ¡era un apercibimento de expedente a cargo de Concelleiro de Patrimonio!!!
Cando rematamos de poñer todas as sinais, pasou un Policia Local polo club, preguntando (con vergonza...e non me extraña) si unhas sinais, de madeira eran nosas.
Ponían Club Montaña Ferrol..para que negalo (pensamo que nos iban a dar un premio)...pois non: ¡era un apercibimento de expedente a cargo de Concelleiro de Patrimonio!!!
Queredes saber que é a día de hoxe?...enviadenos un correo
martes, 28 de mayo de 2013
QUEDA POR FACER:
Ampliar o paseo marítimo da Gándara
Dignificar a Fonte do Vilar
Amañar o aceso a Urbanización do Couto
Sanear as Aceñas
Facer un anden na estrada do Feal
Limpar e amañar a corredoira do Feal
A Boieria, limpar as pistas, e blindalas para un posible polígono industrial
Subida o Esperon, mellorar o firme das pistas
Dignificación marco de Portonovo
Mellorar e limpar pistas
Consolidar os vestixios góticos da igrexa de Loira
Entorno gandeiro da igrexa
Entorno das pistas de Liñeiro e a Capela
Recuperar a baixada e fonte de Porto de Cabo
Recuperar o antigo albergue
Mellorar e limpar a subida ó caserío dos Freires
Poñer en valor o posto de ferrar de Sisalde.
Cartas, dende o principio hai unha tubaria rota que inunda o camiño
Camiño a Candales limpalo
Recuperar o camiño de Candales a Reboredo pasando por Viriño e recuperando os amilladoiros
Poñer en valor a area do camping (ainda que sexa como zona de acampada)
Poñer en condicións todo o firme da baixada
E DE XEITO XERAL:
Andadeiros
Política silvícola autóctona
Sinalización e mantemento
Recuperación da toponimia
Creación dunha Credencial
2 INTENTOS
HOUBO 2 CAPITULOS COS QUE TENTAMOS INFLUIR:
A recuperación do tramo de Cedeira por parte da Secretaria Xeral de Turismo, que marcou tramos abertos por nos que non era a traza orixinal, e deixou por marcar os que si que eran..co tempo se sacaron parte das sinalizacións. Nos puxemos e contacto coa Arquitecta que levaba o proxecto, e nos dixo que é que “nos non sabíamos do proxecto…..”
O GDR Costa Ártabra, marcou cos criterios dos “historiadores técnicos” basicamente a estrada, sen criterios de camiñabilidade nin de valorización turística, para colmo camiños que tamén eran historico non foron recollidos por estes “técnicos”
jueves, 16 de mayo de 2013
AI EMPEZOU TODO
No 1996, quedamos que si o domingo 8 non chovía os que quixeran nos víamos no Couto, á 8, a ver si dunha tirada íamos ata aló, faceno so 42 kms, seguindo a ruta que estaban facendo os ciclistas cun esquema en un folio, e os carteis que por aquel entón puxera o Concello de Narón, e a Asociación Oenach 13 que o facía a modo tradicional en 3 días con carro de bois e zocas
Chovía auga díos dar ata ben entrada a noite, pero como amaneceu sen auga, aló nos fomos:
Kati Piñón, Dani Touceda, Xan Ramírez, Lalo Durán, Juan Garrido, Javi Armada, Manolo Lopez (fallecido), e Jorge
Nos propuxemos, parar cada hora a picar e beber algo. Cando chegamos a Porto de Cabo, xusto cando entrábamos no pobo, pasaba a procesión da Patrona, (a Virxe do Camiño)así que non tivemos mais remedio que poñernos a popa da mesma.
Comimos a beira do río, e fixemos os 15 kms despois da sesta.
A media tarde chegabamos a Teixido, e víamos que facía sen problema.
O problema veu 15 días despois, o 21, cando se convocou ós “I 50kms de Allariz”, como previo ós 100kms que querían facer, (en realidade unha circular de 50kms a traveso dos 8 concellos, imposibles de coordinar, cun fracaso organizativo, e un calor de 36 grados).
Voltamos de Allariz, coa idea de “nos o facemos mellor”
Así que decidimos, que o ano seguinte facíamos a “I edición do camiño a Teixido”, pero a mediados de xuño, días de sol, non moi quentes, moitas horas de luz, poucas posibilidade de choiva, e…..faltábanos 8kms.
Montados no coche co contaqms a cero, empezamos a ir polo Couto, polígono Gándara, paseo Marítimo, ate o Porto: 8Kms...xa tiñamos a saída
No 1997, Allariz coa súa II, troca o concepto, e fai un trebore, sen saír do Concello para non depender de neguen, e a pasa para o derradeiro sábado de maio, escapando da calor, dende aquela nos 15 días despois, o segundo sábado de xuño.
Así en 1997, abrimos a convocatoria e topamos que hai uns 70 pirados- camiñantes saímos do porto, as 8 coa idea de facelo en menos de 12 horas, en réxime de cada un leva o seu, e un par de coches de apoio.
Comese xa na Capela da Fame, os tramos son case todos asfaltados, na zona de Narón e Valdoviño, e pistas de terra na Capelada. Aí empezamos esta historia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)