CAMBIOS NA TRAZA

Durante toda a experiencia, collimos un camiño apenas marcado, para desenrolar toda unha estructura que cando menos é "camiñable".

CAMBIOS NA TRAZA do CAMIÑO

Porto -  Cando a Avd. Irmandiños, entrou en infinitas obras, tomouse a decisión de saír do concello, foron os primeiros 3 anos

Caranza – Zona Auditorio, paso pola beira do mar mentras as eternas obras estivo complicado

Polígono A Gandara: Pasouse das pistas a usalo tramo do Paseo Marítimo

Lóngaras: Esta parte foi un eterno caos, dende os campos do final do polígono, Crrta.Faísca, ó final a proposta nosa o Cocnellod e Narón preparou un tramo do Camiño Ingles pola fonte Fonte do Vilar (concello de Narón)

Faísca - O Couto: dende remontar pola rúa para logo baixar o mosteiro, depois pola parte baixa da vía, tamén se pasou pola zona verde O couto, para rematar facendo un paso pola Urbanización

O Couto –Xubia: Zona do Picho, mentres estivo en obras os acceso á a AP9, se pasou incluso pola ribeira en marea baixa

Outro tramo foi o que estaba marcado pola Estrada de Cornido y Penas Blancas; cando quedou finalizado o acceso a Xubia da AP9, empezouse a usar a Plataforma (dun inexistente ) tren A Megasa.

Se lle pediu a Costas adecentarlo para o Xacobeo, pero non se fixo nada

Muíño Aceñas – Estrada castela: Primeiro pola Rúa das Aceñas, despois o pecharon e pola Rúa dos Romeiros, e agora, dunha vez, aberta de nova pola das Aceñas

Zona de Xubia – Feal: O principio pola estrada atravesando a ponte do tren de Ansede, despois pola zona de eucaliptal de detrás de Xubia, e unha vez coas salvaxes talas de novo a estrada (case 2kms de asfalto)

Corredoira do Feal: zona patrimonial de Narón que remata no Castro de Sequeiro, autentico vertedoiro de residuos miles, case todos os anos denunciamos o seu estado, no 2010, uns madereiros “arrasaron” calquera fisonomía da zona, denunciando no concello, abriuse expedinte, pero así quedou.

Zona de Embade: ate o ano 2010, foise por toda a estrada diante do Pazo Libunca, o retirar este a axuda, buscouse unha alternativa mais ó sur de terra.

O tramo Carreira – O Carballo, era todo terra, ate que a saída da zona da Boieria asfaltaron mais de 1 km.

Subida do Esperón: A autentica tachuela rompepeitos, fíxose pola estrada moitos anos, case ate arriba.

·       Un ano tentouse subir por zona de Quads, xusto ate o miradoiro. Tremendo, non chegaron nin subir ós últimos.
·       Voltamos ate a estrada.
·       Cando abriu o Parque temático Aldeanova, fíxose unhas Z’s aproveitando a parcelaria, e o avituallamento do Esperon pasou para estas instalacións, dulcificando o esforzo da subida aínda que alongando a distancia.

Sedes – Estrada Valdoviño - Sansadurniño:
Este tramo pasou primeiro por ser todo estrada, a pasar polas pistas da parcelaría de Portonovo, Parroquia da Sta. Mariña do Monte .
Pero como quedaba un resto patrimonial importante que era o propio marco de Portonovo, tirado no regato, cambiouse a traza por deibaxo da liña de tensión, e xa se pasa por el, aínda que a situación e penosa

Estrada Valdoviño – SanSadurniño/ Loira
Este tramo tamén se facía todo por asfalto, pero empezouse a ir perto de Lobeira, para saír a ………. Collendo tamén moito por asfalto.
·       Durante anos atravesouse un eucaliptal en Donelle, e se saia  case o encoro, ate que fixeron unha tala tal que borraron todo vestixio de sendas.
·       Buscando apareceron pistas de terra que perto de Vellamorta baixa ate a …
·       E antes de chegar a Loira novo cruce a esquerda para atallar asfalto.
·       En Loira nun principio pasábase pola igrexa gótica, pero a volta non aportaba nada e por riba a igrexa esta en ruína total.

Forcadas – Liñeiro – Capela da Fame:
·       Da estrada que cruzaba o encoro collíase a pista de terra que ia a Capela de Liñeiro ou da Fame. Co tempo asfaltouse
·       Buscáronse alternativas polo monte, polo camiño antigo, tiña que estar alí tendo en conta que antes non había encoro, e que a Capela trasladouse de sitio. Por fin un estreito camiño polo eucaliptal, a partir da pista que baixa a Vilarrube a esquerda do encoro, saía o rueiro de Liñeiro.

Co tempo se sabe que nese camiño estaba, preto dunha fonte como é normal, a ubicación da capela.

Capela da Fame – Porto do Cabo.
A primeira baixada, facíase dende Escola, por unha forte pendente ía por un eucaliptal, na idea de que había unhas mámoas. A pendente indicaba que non podía ser, así que se recuperou a baixada por Arnela.
·       En foto aérea, a traza fai uns quebros non normais, e se busca, aproveitando que asfaltan toda a pista unha vez mais, para ir por terra, e entrar en Arnela, por unha congostra antiga e polo outro lado do rueiro.
·       A baixada que nun principio facíase toda por asfalto con forte freada de pernas, pasa a ser  un camiño tradicional, ate as primeiras casas.
·       Nunha nova vista aérea se ve que a traza baixaba recta ate a fonte de Porto de Cabo, hoxendía pechada en parte por un particular.

A costa de Aro: segunda forte pendente, non ten duda.

Sisalde: Pasase polo posto de ferrar de Sisalde, e aquí o camiño, ia toda por asfalto xirando cara o norte, para atravesar a estrada que vai a Montoxo, con forte pendente.

Buscouse alternativa para paliar a pendente, e pola estrada que vai a Montemeao, está o transformador de Pe da Mula, que remonta por terra, e mais suave, así que se cambia a traza por asfalto polo medio de Sisalde, saíndo diante da escola Indiana, para enlazar co camiño de Campolongo, onde había unha fonte de romeiros.
Este camiño, era a alternativa de inverno, pois por onde vai a estrada hoxe (a Cruz de Alberte) había e hai unha zona de veiga, donde os carros se afundían, de feito un matou o volcar a un rapaza chamado Alberte.

Viciñeira: o tramo dende aquí a  Candales, era toda unha pista de terra, hai uns 10 asnos asfaltouse, facéndose interminable.
Falando coa xente descobren que os romeiros pasaban por Cartas, e o camiño estaba so que cheo de camións de refugallos.
Nunha primeira etapa o concello do Alcalde Rubido, fai unha forte limpeza de vexetación, e nunha segunda etapa con Vergara de Alcalde abrese o tramo de Cartas.

Candales –Reboredo: toda a estrada dando curvas, facíase interminable buscouse pola zona de Monte, aproveitando o miradoiro de Penedo de Edreira, pasando polo “camping”

Reboredo – Milladoiros:
Este é un tramo de estrada. Tentou de recuperar un imposible tramo, a Secretaria Xeral de turismo, pero o técnico nin sabia de pendentes nin de valados

Baixada a Teixido: no seu día a Secretaria Xeral de turismo, meteu pala e fixo una pista cha..claro: en Galicia Chove, para colmo quedou aberto para os Quads, nun inverno quedou convertido no tramo mais perigoso de todo o Camiño


No hay comentarios:

Publicar un comentario